14.01.2012
Alba Mancebo Soto | Vimianzo
Prodúcese o segundo abandono de menores en Sant Pere Pescador en catro anos
Jan, así será chamado o neno provisionalmente, atópase en bo estado de saúde
O bebé foi abandonado o pasado 12 de xaneiro nunha caixa de cartón cerca dun contenedor na zona do mercado de Sant Pere Pescador (Girona). O venres, unha familia declarou o seu desexo de adoptalo en caso de que non se atope á proxenitora.
Pouco antes das 19h do día sinalado, unha muller chamou ó 112 informando da presencia do bebé dende Sant Miquel Fluvià, pobo próximo ó lugar dos feitos. Os Mossos d’Esquadra atopárono quince minutos máis tarde envolto en dúas mantas e unha cazadora e trasladárono ó Hospital de Figueres. O rapaz aínda conservaba o cordón umbilical atado de forma precaria cun cordel, pero, aínda así, atopábase consciente e en bo estado.
En caso de que os proxenitores ou alguén do entorno familiar non sexan atopados, existe a posibilidade de que Jan sexa acollido diretamente pola familia interesada sen pasar por ningún centro.
Un caso semellante ocorreu hai case catro anos no mesmo pobo: en setembro do 2008 unha muller da limpeza atopou a outra criatura abandonada no relanzo dun bloque de pisos en construción. Tratábase dunha nena de pouco menos de quince días e tamén fora abandonada nunha caixa de cartón, envolvida cunha especie de albornoz. Ésta non correra a mesma sorte que Jan e no momento do encontro xa amosaba síntomas de desnutrición, aínda que ó mes seguinte xa se atopaba coa súa familia adoptiva.
Os nenos abandonados convértense no mesmo momento do feito en responsabilidade da comunidade autónoma correspondente, neste caso da Generalitat de Catalunya e da DGAIA (Direcció General d’Atenció a la Infància i l’Adolescència). “As autonomías teñen a obligación de declarar o desamparo do menor, de coidalo e comezar o procedemento de retirarlle a patria potestade ós proxenitores “, declara María Paz García Rubio, catedrática de Dereito da USC. No momento no que esto ocorre, os pais perden todos os dereitos sobre o neno. Non poderán recuperalos no caso de que sexa adoptado por un alleo, mais se a custodia se atopa nas mans dalgún familiar, os pais poderán recuperar a patria potestade tras demostrar a súa capacidade.
Gema Alonso, estudante de Dereito, coincide coa información dada por García Rubio e engade que “en ambos os dous casos de Sant Pere Pescador se imporía a pena de prisión de dous a catro anos polas circunstancias do abandono, xa que se puxo en perigo a vida do menor de idade”.
A continuación, o arquivo de audio de un fragmento da entrevista feita á catedrática de Dereito María Paz García Rubio.
http://www.ivoox.com/garcia-rubio-audios-mp3_rf_1108383_1.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario