sábado, 31 de marzo de 2012

Entrevista a Mercedes Pérez

"Un okupa busca denunciar a dificultade para acceder a unha vivenda"


O artículo 348 del Código Civil Español, define a propiedade como”o dereito de gozar e dispoñer dunha cousa, sen máis limitacións que as establecidas nas leis.”


Boimorto // Paula Quintás López

O catedrático en dereito romano da Universidad de A Coruña , Julio García Camiñas, define o termo okupa como aquela persoa que "se introduce ilegalmente nunha vivienda desocupada allea." A Policía informa de que os inmobles máis propensos a convertirse no fogar de persoas que non tiñan dereitos sobre os mesmos son os que están abandonaos, sobre todo nas cidades. En España, destaca Barcelona, xa que a maior parte das sentencias sobre o tema proceden da Audiencia Provincial de Barcelona. Non obstante, cada vez son máis os casos que se dan a coñecer nos medios de comunicación chegados de diferentes puntos do país mediterráneo. Pero, que hay en realidade detrás do fenómeno okupa? Mercedes Pérez, abogada colexiada número 4.919 do ICACOR , acláranos a situación e explícanos que di a Lei Española sobre este suceso.


Entrevistadora: A quen considera okupas a lei española?
Mercedes Pérez: A lei considera okupas a quen ocupa unha finca urbana ou rústica, sin que medie consentimento do seu dono, usufructuario ou calquer outra persoa con dereito a poseer esa finca

E: Se houbese un contrato previo entre a persoa que permanece ilegalmente nun inmoble e o dono, segue a ser válida a denominación de okupa?
M.P: Si existe un contrato previo presupoñemos que é de arrendamento, con pago de renda ou en precario, nas súas diferentes modalidades ou condicións. Un contrato pode extinguirse ou ben por incumprimento dalgunha das súas condicións ou simplemente por expiración do contrato. Chegados a esta situación, o inquilino que permanece no inmoble, habita de forma ilegal, pero esto non quere decir que sexa un okupa, no sentido máis estricto do termo, xa que un okupa o que busca é entrar en vivendas abandonadas ou desocupadas, denunciando así a dificultade para acceder a unha vivenda, a especulación, etc. Ademáis, neste caso non iríamos pola vía penal, senón que iríamos pola vía civil, e o lanzamento do inquilino da vivenda efectuaríase por funcionarios do xulgado, non conleva a carga policial do movemento okupa. E didir, ambas situacións non teñen o mesmo tratamento xurídico, polo que non as podemos equiparar.
Edificio de Barcelona dende o Parque Güel /Imaxe libre de Copyright

E: No artículo 47 da Constitución afírmase o dereito a unha vivenda digna. Non se pode considerar que os okupas están levando a cabo tal dereito? Se se escudan detrás de dito artículo, seguen a estar incumplindo a lei?
M.P:Non porque o art.47 da C.E. de 1978, non remata ahí, senón que ten un punto e seguido e di que "Os poderes públicos promoveran as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo dacordo co interés xeral para impedir a especulación."
Esta premisa lévase a cabo mediante a regulación de normativa do R.D. 1346/1976, Ley sobre el régimen del suelo y Ordenación Urbana; do R.D. 2028/1995, polo que se establecen as condicións de acceso á financiación cualificada estatal de vivendas de protección oficial promovidas por cooperativas de vivendas e comunidades de propietarios ao ampar dos Planes estatales de Vivienda e a Ley de Arrendamientos Urbanos. En ningún momento se establece que se non tes vivenda poidas ocupar unha de outro titular; ademais, hai que ter en conta unha premisa xeral, que o dereito de uns remata cando empeza o dereito dos outros, tamén hai que respetar o dereito a propiedade privada, non podes poseer unha finca sen consentimento de outra persoa que traballou para pagala.

E: Pode calquera persoa denunciar a presenza dun okupa nun inmoble ou existen uns requisitos? De ser así, que requisitos serían?
M.P: A ocupación sólo a pode denunciar o propietario, usufructuario ou persoa que teña título sobre esa finca, está tipificado como un delito de usurpación ( art. 245 do Código Penal). Unha terceira persoa podería denunciar por outros delitos, como por exemplo desorden público ( art. 557 C.P.); delitos contra o patrimonio histórico (art.556 C.P.), etc.. Todos terían o factor sorpresa, xa que iríamos pola vía penal, non é necesario a notificación, e o final tamén conseguiríamos o desaloxo.

E: Pode o demandante reclamar unha compensación por danos e prexuícios? En que consistiría esta?
M.P: Si, no corpo dunha demanda expos os feitos, os fundamentos de dereito, e o final expresas o que solicitas, o que pides. Neste caso solicitaríamos o desaloxo, máis o abono por Responsabilidad Civil de danos, os que se ocasionaron o inmoble, roturas, roubos, etc, e perxuizos, por exemplo si deixaches de percibir unha renda por inquilino potencial, etc. Todo ca súa correspondiente valoración que tes que demostrar con probas, facturas, periciales etc, e debes solicitar unha cantidad líquida e esacta, non vale decir "máis ou menos".

E: A través de que procesos pedería un okupa facerse coa casa na que vive de xeito ilegal?
M.P: Como calquer outro cidadán, mediante o empleo das distintas formas de adquirir a propiedade ou a posesión; compraventa, arrendamento, doazón, permuta etc. Pero existe unha figura denominada usucapión ou prescripción adquisitiva ou positiva, recollida no art. 1930 do Código Civil, que che permite mediante a posesión pública e pacífica do inmoble adquirir a propiedade( posibilidade para calquer persoa); a posesión non pode ser violenta , oculta ou clandestina; dependendo da naturaleza ten distinta duración no tempo, a máis longa ou denominada extraordinaria ten que ser durante o transcurso de máis de 30 anos, aquí o problema radica na carga da proba.

E: Se o dono do inmoble non lle está dando un bó uso dacordo coa lei española, podería un okupa que sí o fixese facerse coa súa posesión?
M.P: Actualmente non, xa que este tipo de ocupacións tipifícanse no Código Penal como un delito de usurpación. Antes do Código Penal de 1996,sólo cabía a posibilidade de que o propietario da finca ocupada denunciase porque lle impedían utilizar a súa propiedade, por coacción, non estaba especificamente penado, esto iniciaba un proceso civil que remataba con orden de desaloxo, e "excepcionalmente" dábaselle a razón os okupas, considerando factores como o estado de edificio, abandono, etc . Pero si un edificio está en estado ruinoso ou abandonado temos outras vías. No banco de terras existe esta previsión, pero dudo que sexa sustraible para os inmobles de natureza urbana.





Nota: a entrevista baséase nunha noticia do xornal DeLunsaVenres do día 22/03/2012, aceptada pola profesora Paloma Fisac de Ron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario