sábado, 31 de marzo de 2012

O Tribunal de Menores retira a custodia da súa filla a unha parella de Turín de avanzada idade

Laura Ramos Cuba - Santiago de Compostela - 31/03/2012





Os xuíces italianos declararon que Viola, unha nena nada o 26 de Maio de 2010 na cidade de Turín, pode ser dada en adopción por considerar aos país da mesma “demasiado vellos e egoístas”. Esta decisión chega tras un longo proceso no cal os proxenitores da meniña, Gabriella e Luigi de Ambrosis (de 58 e 70 anos, respetivamente), tentaran inútilmente no pasado adoptar no seu país de orixe durante case unha década. Tras isto, decidiron que Gabriella se sometera á fecundación “ in vitro” nun país estranxeiro (do cal se negan a dicir o nome) froito da cal naceu Viola de Ambrosis.

Fonte: Laura Ramos Cuba
O Tribunal de Menores alega como motivo para retirarlles a custodia os antecedentes que posúen respecto a situación de desamparo que sufriu a nena cando, un mes despois de nacer, os veciños alertaron á policía de que esta estaba abandonada no coche, chorando dende había 45 minutos. Tal e como sostén a catedrática de Dereito Civil, María Carmen González Carrasco, “o artigo 17 da lei orgánica 1/1996, de protección xurídica ao menor, require que en situación de risco ou desamparo do mesmo, a Lei ten que realizar as medidas oportunas para garantir os seus dereitos e benestar social, chegando incluso a asumir a súa custodia, tutela e garda se a situación o esixe”.  O pai, non obstante, sostén que “tan só estaba descargando as bolsas da compra e deixeina alí para non espertala”.  

Aínda que iso non é todo, posto que unha das razón polas que se lles fora tamén negado á parella o dereito a adoptar é que, como sostén González-Carrasco, “deben cumprir uns requisitos, como por exemplo ser maiores de 25 anos e levarlle máis de 14 ao seu vástago  ou posuir unhas condicións psico-pedagóxicas e socio-económicas mínimas, como pode ser que o medio familiar reúna as condicións adecuadas para a atención do menor respecto da súa saúde física e psíquica”. E iso contradi o exposto polos psicólogos do Tribunal, quenes destacan os “síntomas de tipo disociativo e psicótico” do pai e da “ferida narcisista intolerable” que sofre a nai, da que tamén din que non logrou “conectar emocionalmente” con Viola.
A catedrática de Dereito, María Eugenia Serrano Chamorro, expón deste xeito que “segundo o listado do Código Civil onde expón as situacións nas cales existe desamparo do menor, están as da existencia de trastornos mentais nos país que impidan o exercicio da patria potestade ou a garda, ademáis da convivencia nun entorno social-familiar que deteriore gravemente a integridade moral do menor ou perxudique o desenrolo da súa personalidade”.

Isto mesmo é o que alega o Tribunal de Menores para retirarlles a custodia, quen ven á nena como “froito dunha aplicación distorsionada das enormes posibilidades que ofrece o progreso en materia xenética” e din que, de seguir cos seus pais, “ficará orfa moi cedo, ou verase obrigada dende moi nova a coidar duns país anciáns, con posibles graves patoloxías ou minusvalías”. Por isto mesmo, e escudándose nos estudos dos psicólogos, quen declaran aos país incapaces de exercer como tal, retiranlle a custodia de Viola a Luigi e Gabriella de Ambrosis.

Durante o proceso xudicial, a nena atópase cunha familia de acollida, podendo ser visitada polos pais cada 15 días, quen seguen defendéndose das acusacións alegando o seu “profundo amor” pola súa filla e poñéndose no seu lugar. “Ela preguntarase que por que non está coa súa mamá, e por que a súa mamá non loitou por ela”. Aínda así, os país seguen esperando para presentar un recurso á alegación do Tribunal e continuar, como dicía Gabriella de Ambrosis, loitando pola súa filla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario