jueves, 29 de marzo de 2012

Os inconvintes de ser un apátrida.


O filme de "A Terminal" cóntanos a historia de Víctor Navoroski, un cidadán de Krakozhia (estado ficticio, similar a algunha antiga república soviética) no que, durante o seu viaxe e chegada aos EE.UU, se produce un golpe de estado, desembocando nun novo goberno.
Víctor atópase con grandes problemas na terminal, os axentes de aduana intercéptano e explícanlle a situación: o novo goberno do seu Estado de orixe suspendeu os privilexios dos viaxeiros con pasaportes emitidos polo anterior executivo, fechando tamén as fronteiras debido á inestabilidade política do país; asímesmo, EE.UU. revocou o seu visado que lle permitía entrar no país e cancelou todos os voos de ida a Krakozhia dado o conflito que se estaba a dar.
Así, sen tan sequera decatarse, Víctor remata por converterse nun cidadá de ningunha parte ao carecer dun Estado definido que o considere destinatario da aplicación da súa lexislación e ao atoparse nun país estranxeiro que non recoñece a súa antiga nacionalidade nin o novo estado que se constituiu a partires desta. Por isto, tal e como lle explican os axentes de aduana, non poden acollelo como refuxiado, nin ofrecerlle acollida humanitaria, nin visado de ningún tipo ( residencia, circulación ou diplomático ).
Isto lévanos a falar da nacionalidade como vinculación dunha persoa a unha comunidade política. Víctor carecía dese vínculo que o unía a un Estado. Aínda así, recoñecíanselle os dereitos fundamentais (tales como o da liberdade, integridade e dereito á propia vida), recollidos todos no plano de igualdade, intrínsecos a toda persoa. Non obstante, negábanselle os dereitos atribuidos aos estranxeiros no país que estaba a visitar, porque tampouco gozaba dunha nacionalidade pola que considerarse estranxeiro. E non falar xa dos dereitos atribuidos ás persoas que posuían a nacionalidade da propia USA.
Víctor, pois, tratábase dun apátrida en toda regla. Ademáis, ao longo do filme podemos observar como tampouco pode facer nada para resolver a súa situación, limitándose tan só a esperar que a situación do seu lugar de orixe mude rapidamente. Non pode pedir a nacionalidade estadounidense posto que nin é residente (é obrigado a vivir nunha terminal, convertida nese intre nunha especie de "terra de ninguén") dos EE.UU., nin  se lle pode recoñecer por un Real Decreto ou similar a nacionalidade( a chamada nacionalidade por carta de natureza), nin de ningún outro xeito.
Así, vemos como Víctor Navoroski perde a súa nacionalidade. Non por unha sentencia nin por vontade propia, senón por factores externos, tal e como é a guerra que se estaba a desenrolar no seu país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario