sábado, 31 de marzo de 2012


O “certificado europeo de sucesións” simplificará os trámites hereditarios a nivel europeo

Alejandro Gándara | A Coruña


 O Parlamento Europeo ratificou, despois da aprobación pola Comisión de Interior, Xustiza e Liberdades Civís da Eurocámara; a normativa proposta para regular as herencias transfronteirizas despóis de intensas negociacións co Consello. As novas normas teñen como obxectivo a simplificación dos trámites dos heredeiros para facer valer os seus dereitos no caso de herencias que impliquen máis dun país da UE. A nova lexislación non afectará ás persoas que viven no seu país de orixe nin se aplicarán no Reino Unido, Irlanda e Dinamarca; a falta da súa aprobación polo Consello.

 A doutora en dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Asunción García Martínez, considera que “Europa noticiou necesidades que para min eran evidentes: a necesidade de que os cidadáns poidan preparar por anticipado a súa sucesión  nunha época, como a nósa, de grande movilidade transfronteiriza e, ó mesmo tempo, a necesidade de garantir de maneira eficaz os dereitos dos heredeiros, legatarios e das demáis persoas achegadas ó causante, así como dos acreedores da sucesión”.


O Parlamento Europeo introduce dúas novas normas para tramitar as herencias transfronteirizas. En primeiro lugar decidiuse que, se unha persoa falece nun país que non é o seu, a lei aplicable á súa herencia será a do último país de residencia. Polo tanto, a xestión do proceso dependería das autoridades e os tribunáis dese Estado. Por outro lado, as persoas que desexaran redactar o seu testamento terían a opción de elixir que a lectura teña lugar no último estado membro onte viviu ou no país de orixe. 

 Por outra parte, o licenciado en dereito e abogado de profesión Carlos Puga Trigás agarda que non se dean “situacións conflitivas” entre a lexislación de cada nación e a nova normativa europea; xa que "semella que a norma foi redactada coidadosamente para evitar que tribunáis de distintos países se declaren competentes nun mesmo caso". "O das herencias é sen dúbida un territorio moi delicado, e creo que esta lexislación pode resolver moitos problemas a nivel internacional".


***

No hay comentarios:

Publicar un comentario