sábado, 31 de marzo de 2012

Noticia Xurídica 2


Traxedia na praia do Orzán

Na madrugada do pasado 27 de xaneiro produciuse a desaparición de 4 homes na praia do Orzán. Un deles era un estudante eslovaco que estaba estudando cunha bolsa Erasmus na cidade da Coruña e os outros tres eran membros do corpo de policía que procuraron  auxiliar ao mozo.
O suceso ocorreu pouco antes das cinco da mañá cando un grupo de amigos estaba a celebrar unha festa Erasmus na cidade e algúns deles decidiron meterse no mar. Segundo as declaracións dos compañeiros, foi un accidente pois o desaparecido ao mergullarse, non era consciente das pésimas condicións do mar para un bañista.

Unha testemuña chamou á policía e alertou de que uns mozos en estado de ebriedade estaban a bañarse no mar e que un deles desaparecera, polo cal enviaron a dous policías á praia do Orzán. Os dous oficiais, procurando auxiliar ó mozo lanzáronse na súa busca desaparecendo eles tamén. Máis tarde sumouse un terceiro vestido de paisano intentando rescatar aos outros tres.

A mañá seguinte xa se persoaran no lugar dos feitos as autoridades pertinentes cando foi atopado o corpo dun dos axentes preto do obelisco. Durante o rescate, tamén foi atopado o corpo con vida dun xoven que volvía cara a casa de madrugada cando se percatou do suceso e decidiu auxiliar ao mozo e aos axentes.

Xosé Liñeira Piñeiro, avogado do estado,  aclarou que “ a principal cuestión que se prantexaba é si a correcta actuación dos axentes sería esperar aos equipos de salvamento ou se, polo contrario, deberían actuar arriscando a súa vida, pois de non facelo podería entenderse como omisión de socorro por seren persoal cualificado”.

Unha semana despois dos feitos, o mar devolveu o corpo dos dous axentes. O primeiro corpo foi atopado a mañá do xoves na praia do Orzán mentres que o segundo foi atopado na ensenada das Escravas. Pouco despois de recibir a noticia, os familiares do primeiro axente mandaron unha misiva de agradecemento aos corpos de seguridade, aos sanitarios e en xeral, aos  coruñeses que estiveron vixiantes e pendentes da aparición dos cadáveres.O derradeiro en aparecer foi o corpo do estudante eslovaco que foi achado na ensenada Orzán-Riazor  o domingo seguinte e do cal non se puido confirmar a identidade ata facer as probas médicas.

O Xefe Superior de Policía e licenciado en Dereito, Luis García Mañá, declarou que serían utilizados os medios de emerxencia de forma “oportuna, proporcional e coherente” ata que fosen esgotados. Tamén afirmou, amparándose na lei 4/2000,  que neste caso a declaración de falecemento faríase efectiva pasados tres meses debido ao grave risco de morte por afogamento.

Fontes:
Uxía Liñeira Piñeiro:  Licenciada en Dereito
Xosé Liñeira Piñeiro: Licenciado en Dereito e avogado da Xunta de Galiza
Luis García Mañá, entón Xefe Superior de Policía e actual onselleiro asesor da Dirección Xeral de Policía e Licenciado en Dereito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario