TEMA 11
A Constitución española:
a)Fomenta a discriminación por sexo.
b) Recoñece a igualdade de sexo e a prohibición de discriminacións por sexo
c)Non se fai eco de posibles discriminacións por sexo
d)Ningunha das anteriores.
TEMA 12
Carlos pídelle matrimonio a Laura e esta acepta. A partires de se momento:
a) O matrimonio debe celebrarse, a pesares das dificultades que podan acontecer.
b) A promesa de matrimonio non obriga a súa celebración.
c) Débese indemnizar á parella por non celebrarse a voda.
d) Ningunha das anteriores.
TEMA 13
María e Mario, matrimonio desde fai 20 anos teñen 5 fillos. Estamos ante:
a) Unha familia numerosa
b) Unha familia tradicional
c) Unha familia común
d) Ningunha das anteriores.
TEMA 14
Zulema vai en expedición de alpinismo ao Aconcagua cando a sorprende un alude de neve que a sepulta. Pasan 3 meses e non se atopan rastros dela. A partires deste momento:
a) Pode ser declarada falecida
b) O prazo debe ser de 15 anos para o referente a accidentes.
c) Non se pode declarar a ninguén falecido polo simple feito de que non aparezan rastros da súa presenza, aínda sendo neste tipo de circunstancias.
d) Ningunha das anteriores.
TEMA 15
A adquisición da nacionalidade por Carta de Natureza é outorgada mediante:
a) Un Real Decreto
b) Unha reforma do Código Civil
c) A autorización dun funcionario da Policía Nacional
d) Ningunha das anteriores.
TEMA 16
Ten personalidade xurídica a Asociación de Protectores do Entroido Tradicional Galego?
a) Si
b) Non, só teñen esta característica as persoas físicas
c) Depende do número de afiliados ou asociados desta entidade.
d) Ningunha das anteriores
TEMA 17
Podería Xosé, enterrador desde fai 39 anos, vender un dos cadáveres do cemiterio municipal no que traballa?
a) Non, o cadáver é unha cousa non susceptible de apropiación e comercio
b) Si, unha vez pasados 15 días pode vendelo sen problemas
c) Si, sempre que conte coa autorización familiar
d) Ningunha das anteriores.
TEMA 18
Eulalia falece aos 99 anos en condicións insalubres e sen atención. A súa filla Matilde, que se esquecera dela cando comezara a padecer Alzheimer reclama a herdanza.
a) Se non lle prestou atención non poderá herdar a parte que lle corresponde
b) Sempre se pode herdar, aínda non atendendo aos pais
c) A atención ou non atención non inflúe á hora de repartir a herdanza
d) Ningunha das anteriores.
TEMA 19
Manuela e Pepe entran nun proceso xudicial por unha herdanza. Transcorrido certo tempo do xuízo Manuela (a demandante) decide chegar a un acordo con Pepe e pórlle fin. Isto é correcto?
a) Si, o demandante pode suspender o xuízo chegando a un arranxo
b) Non, non se permite ningún tipo de arranxo
c) Non, unha vez se inicia o procedemento débese concluír. Debería pensar o acordo con anterioridade á demanda
d) Ningunha das anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario