Adopta á súa moza para "protexer os seus bens"
John Goodman, fundador dun clube internacional de polo de Wellington, no
sur de Florida, adoptou a Heather Laruso, a súa moza de 42 anos para protexer supostamente
os seus bens dunha demanda civil posta polo matrimonio Wilson logo dunaccidente automobilístico no que está involucrado.

Goodman está acusado de conducir en estado de embriaguez e de escapares do
sitio onde ocorreu o accidente no que Scott,
o fillo dos Wilson faleceu xa hai dous anos. Os avogados do matrimonio examinan
se o caso da adopción foi "co fin de protexer os cartos dun fondo de
herdanza para os seus fillos", como dicía Goodman, mais eles afirman que é
"unha estratexia para que a parte dos cartos que lles pertence aos
Hutchins non se vexa afectada no caso de que o xurado considéreo parte da fortuna
de Goodman se decídese recompensar aos pais do rapaz morto". Pola súa contra, Dan Bachi, avogado civil de
Goodman dixo que "a adopción foi realizada para garantir a futura
estabilidade dos fillos e os investimentos da familia" e que polo tanto
"Non ten nada que ver coa demanda que actualmente está pendente contra el".
Ao ter máis de 35 anos, agora Heather ten dereito inmediato a polo menos unha
terceira parte dos activos do fondo ao igual que a filla legal do millonario.
Glenn Kelley, xuíz que leva o caso decidiu outorgar o dereito a ter acceso
á información relacionada coa adopción e declarou que a táctica "non tiña
precedentes". Ademais decidiu previamente que o fondo do fideicomiso
establecido para os fillos menores de Goodman non podían ser considerados
partes do patrimonio do mesmo se un xurado outorgaba compensacións aos Wilson.
"Pensamos obviamente que se trata dunha mala decisión e agardamos que o erro se corrixa", dixo Joseph Rebak, avogado de Miami-Dade Judge que admitiu que "nunca vira nada igual nos case 32 anos que levo de avogado.
Dependendo da lexislación do Estado no que nos atopemos de E.E.U.U podemos
atopar diferentes opinións dos xuristas norteamericanos pero, sería isto
posíbel se o trasladamos ao noso país?
"Este atípico caso non se podería dar en España, xa que só se pode adoptar a menores. Os requisitos son ser maior de 25 anos e ter coma mínimo 14 anos máis que a persoa a adoptar coma ben di o CC art. 175 apartado 2. Por ende non podería ser efectuado no Estado español, ademais de que o condutor respostaría con todo o seu patrimonio e non pode realizar un fideicomiso dos seus bens en favor dos seus fillos. Os dous terzos da herdanza son indispoñíbeis e xa ven determinado pola lei a quén ten que ser mais non pode reservalas", afirmou o Doutor da UDC Jesús Raposo.
Por outra parte Teresa López, Educadora Social e ex-traballadora de Ayuda en Acción asegurou que "no caso da adopción, alén de que terían que dar consentimento os seus pais, logo non podería casarse con ela e até considero que podería denuncialo se ten relacións con el por abuso xa que é a súa filla a efectos legais".
"A grandes rasgos poderíase dicir que isto é un abuso do dereito do Art. 7 do CC. e creo que debería de respostar con todos os bens e non se poden establecer fondos para reservalos aos teus fillos. Outra cousa sería que por exemplo os bens do avó para os netos se gardaran. Neste caso o pai non sería o propietario. O artigo a ter en conta na nosa terra é o artigo 28 do CódigoCivil Galego", comenta Alejandro Aradas, Licenciado en Dereito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario