martes, 27 de marzo de 2012

Noticia Xurídica 2


          Herdanzas e outras cousas de comer

               Aumenta o número de declaracións de morte para cobrar herdanzas

A estas alturas , xa non é sorprendente ata que profundo pode pisar o gran zanco da crise. Se botámola vista atrás , este tipo de accións eran moi comúns nos anos oitenta e noventa,e, agora, volven a emerxer paseniñamente pola necesidade de cobro en herdanzas e execucións de testamentos.  Non existe unha semana na que se escape un trámite de declaración de defunción nalgún xulgado galego.

<< A finalidade é o cobro da herdanza, posiblemente falamos de pequenas fincas ou vivendas antigas que foron abandoadas polos propietarios tralas ondas da emigración>>, declara o letrado Daniel Suárez Mayo, o que ademáis , asegura que ,<< ese paso ten como último fin o de declarar falecida a unha persoa que leva un longo tempo desaparecida, e iso permite , entre outras cousas, os procedementos de cobro das herdanzas>>. O avogado coruñes, David Seoane, confirmanos que neste tipo de denuncias non fai falla a contenda das duas partes xa que as declaracións de defunción forman parte da chamada<< xurisdicción voluntaria>>, na que interven un xuiz.

A verdade , e que a lei , ten unha ampla man aberta neste tipo de casos. Pódese declarar falecida a unha persoa da que non se ten noticia en dez anos, ou na metade de tempo se o desaparecido ten máis de 75 anos. Pero non é isto o máis rápido que pode achegarse a xustiza ó falecemento legal dunha pesoa, no caso dun sinistro aéreo ou marítimo, a declaración de falecemento pode comezar transcurridos tres meses.

Nos tribunais da cidade naval tramitáronse tres , dese tipo de denuncias, no último ano. Son procedementos bastante longos que poden chegar a tardar ó redor de dous anos. Debe publicarse tanto no BOE como nun diario de tirada nacional o seu inicio e a súa finalización .
Anque , falando sempre dunha terra como Galicia, sempre cabe a posibilidade , en que alguha persoa "morta" apareza entre os seus parentes reclamando o que lle pertence. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario