miércoles, 14 de marzo de 2012

Os xornais españois ingresan ao ano máis de 40 millóns de euros debido aos anuncios de contactos

Diarios de tirada nacional como El Periódico ou El Mundo albergan no seu interior comunicacións comerciais de prostitución, captando ao día uns 15.000 euros polos mesmos. Algúns colectivos políticos así como asociacións de diversa índole deslexitiman estas publicacións.

"Paraíso oriental. Japonesas de lujo, 30, 40, 60€. 24h. Foto real". Contidos coma este aparecen a diario en xornais de certo prestixio e de tirada nacional. A lexislación española non regula este negocio, que goza de liberdade legal.  Non obstante, atópase na opinión contraria de moitos bloques da sociedade, como é o caso da Comisión Executiva Confederal para a Igualdade de UGT, que pretende erradicar estas accións pola vía legal, debido ao que significan. "La prostitución es una estructura diseñada por y para los hombres. La mujer convertida en un producto para el consumo del hombre. El  dominio del hombre sobre la mujer", así o afirmaba Almudena Fontecha López, secretaría para a igualdade do sindicato.

Por outra banda, o anterior goberno socialista invitou aos xornais a erradicar estes contidos, na maioría dos casos sen éxito. Porén, non elaborou ningunha lexislación concreta sobre o asunto; pese a que estes anuncios poderían infrinxir o artículo 18 da Constitución española: "Se garantiza el derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen". Os xornais que publican estas comunicacións comerciais argumentan a liberdade de expresión das mulleres ou, na minoría dos casos, os homes; que deciden publicitar os seus servizos. Pero o problema atópase en quen pode estar, e na maior parte dos casos quen está, tras de todo isto.
                                 Foto de Lucía Pérez (El Periódico)

As mafias son, casi na súa totalidade, quen disfrutan dos servizos de publicidade de prostitución dos xornais españois. Nas publicacións engaden archivos fotográficos e datos das persoas que van a vender o seu corpo, mais, existe autorización expresa destas persoas? En moitos casos, mulleres e homes deciden libremente anunciarse, pero a dura realidade é que moitas destas persoas son vítimas de trata, na maioría extranxeiras, que sufren a prostitución e que non se publicitan voluntariamente. Pódese dicir que se reforza así o campo de xogo de proxenetas e mafias, que actúan libremente incrementando mediante a publicidade os seus ingresos e os seus negocios. Ademais, a publicidade involuntaria de mulleres e homes irrumpe noutro delito.

Mercedes González, ourensana de 42 anos e clienta da sección de contactos do diario La Región argumenta: "Para mín, as páxinas de contactos significan unha maneira de publicitar o meu traballo cómoda e rápidamente. Eu anuncio, por arredor de 100€ nos fins de semana, os meus servizos de maneira totalmente voluntaria. Creo que a liberdade de expresión quedaría condicionada unha vez máis de cancelarse estas páxinas nos xornais; e paréceme que o problema da trata de mulleres debe paliarse de outras maneiras".

Non se sabe que decisións tomarán ao respecto os gobernos comunitarios e nacionais, non obstante; é un feito que moita xente pide a berros unha lexislación para este tipo de propaganda, porque a trata non se erradica pola eliminación da publicidade, pero, ao menos, cerraríase un milímetro o marxe de actuación das mafias, e cada milímetro de mellora, conta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario