lunes, 30 de abril de 2012

"Zodiac" de David Fincher


“Zodiac”  de David Fincher conta a historia dun asasino en serie que actuaba …  A película retrata basicamente a labor de investigación tanto dos xornalistas como dos policías. David Fincher reflexa bastante ben o traballo nas redaccións dos xornais e o traballo dos inspectores.

Os protagonistas deste filme son Mark Ruffalo como inspector de policía, Robert Downey Jr. como xornalista de investigación e Jake Gyllenhaal que é un ilustrador do xornal que se inmisce na  investigación só por curiosidade.  Ao longo do filme, danse diferentes situacións nas que os xornalistas entorpecen o traballo policial e outras nas que estes colaboran descubrindo novos camiños.

A medida que avanza a película e as pistas se esgotan, xornalistas e inspectores caen na desesperación e pódese apreciar como os asasinatos empezan a formar parte da súa vida cotiá obsesionándoos.  Robert Dowwney Jr. é o que sae peor parado chegando a poñer a súa vida en perigo para obter información e acaba sendo despedido do xornal no que traballaba. No caso do ilustrador, Jake Gyllenhaal, o misterio do asasino aínda que non chega a influír na súa vida laboral si cambia a súa vida privada pois pasa a ser unha das súas prioridades. O policía vese obrigado a deixar o caso e é abandonado polo seu compañeiro que se muda de comisaría para evitar que o caso  perturbe a súa vida.

En resumo, a vida privada dos protagonistas vese modificada dunha forma ou doutra debido a un suceso que só debería ser parte da súa vida laboral.  A cuestión é ata onde podes ir no exercicio da túa profesión sen que este trastorne a túa vida privada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario