lunes, 30 de abril de 2012

Sentencia abril

Sala Segunda. Sentencia 29/2009, de 26 de enero de 2009


PRESENTACIÓN E RESUMO DO CASO

Eduardo Inda (Pamplona, 1967) é un xornalista español salido da Universidade de Navarra que dende 2006 até 2011 foi director do diario deportivo Marca. Durante esta época, tamén colaborou en RadioMarca e en laSexta. Na actualidade, traaballa para El Mundo, do que foi director da Edición das Baleares. Esto trouxo moitas faladurías, xa que o acusaron de querer favorecer ao Partido Popular, liderado por Matas e que conseguiría chegar ao poder un ano despois de que Inda fose designado director do xornal. Ademais, no 2011 foi designado como novo director de Veo7, canle de televisión do grupo Unidad Editorial.
Joaquín Rabasco fundou ASI(Agrupación Social Independiente) en 1987. Este partido foi moi polémico porque defendía a educación en castelán e a dignificación dos forasteiros chegados ás Illas no Boom turístico dos 60, polo que é coñecido como o Partido dos Forasteiros. Foi presindente até 2007, cando dimitiu tras numerosos escándalos políticos e xudiciais, deixándolle o seu posto a Guillermo Roig. O Partido Socialista Español acusou a ASI de crear enfrontamentos entre peninsulares e baleares por motivos lingüisticos.
O 20 de xuño de 2003 Inda publicou un artigo titulado ""El hijo 'xenófobo' del concejal recibió 10,5 millones en 2001. Rabasco Noche interpuxo unha querella contra o xornalista acusándoo de ser o autor dun delito de inxurias por escrito e con publicidade, solicitando tamén a condena por responsabilidade civil da empresa editora do diario no que foi publicada a noticia (El Mundo). Este título respondía ao feito de que, cando o fillo do concejal de Llucmajor facía campaña para captar votos co coche electoral por S´Arenal, baixou a ventanilla e empezou a insultar a varias mulleres extranxeiras de xeito racista.
O xulgado 7 de Palma de Mallorca determinou na Sentencia núm 339/2005 do 31 de outubro de 2005 absolto ao xornalista por consideraz veraz a información que se publicaba no artigo. Non obstante, Rabasco Noche non estaba dacordo co resultado e interpuxo un recurso de apelación que se resolveu na Sentencia núm. 204/2006 do 26 de outubro de 2006. Inda foi condeado a pagar 3000 euros de indemnización de responsabilidade civil, solidariamente extendida ás entidades Unidad Editorial, S.A. E Rey Sol S.A. e 10 euros diarios durante 15 días como multa. A Audiencia Provincial considera que o personaxe non é público, xa que é necesario recurrir ao pai para que se coñeza quen é, e ademais a palabra "xenófobo" é ofensiva máis alá da súa veracidade.
Dáse de novo un recurso, onde se alega que Rabasco Noche fora denunciado pola policía como "xenófobo" e que non se debe facer unha extensión deste adxectivo, xa que o artigo non contén palabras malsoantes nin ofensivas. Ademais, indícase que adquirira relevancia pública dende o momento no que se proba a súa involucración na malversación de caudales público.
O 29 de maio de 2008 a Sala Segunda do Tribunal Constitucional acordou admitir o trámite da demanda e o 21 de outubro de 2008 ingresa no Rexistro Xeral deste Tribunal un escrito de José Luís Ferrer Recuerdo, Procurador dos Tribunais, en nome de don Eduardo Inda Arriaga, Unidad Editorial, S.A. E Rey Sol, S.A., no que reitera o dito no recurso. Así, o Fiscal considera que a conduta penada ten cabida dentro do ámbito protexido da liberdade de expresión e da liberdade de información, en tanto esta era veraz e o calificativo de "xenófobo" era descriptivo. Ademais, entende que o importante non é a relevancia pública, senón os delitos en si mesmos. O 22 de xaneiro de 2009 señalouse para deliberación e fallo da Sentencia o 26 do mesmo mes e ano.
Finalmente, o Tribunal Constitucional falla a favor de Inda e determina que ten liberdade de publicar información veraz, declarando nula a sentencia do 26 de outubro de 2006 da Sección Primerira da Audiencia Provincial de Palma de Mallorca.
Como dato curioso, en 2010, Joaquín Rabasco, xa exconcejal de ASI , foi condeado a seis anos de prisión. A Audiencia balear impuxera catro anos de cárcere a Rabasco por un delito de malversación de caudais públicos e dous anos polo alzamento de bens. Esta trama foi denunciada en 2001 polo entón rexidor do PSOE en Llucmajor, Juan José Maestre, e desenvolvérase entre 1999 e 2002. O Tribunal balear mantivo que este señor ía recibir cartos a cambio dos seus votos cara Lluc Thómas que consentía esto sen lucrarse directamente coas operacións. Non obstante, a Audiencia determinou que este sabía que Rabasco participaba, directa ou inderectamente, en case todas as festas e eventos municipais, "lucrándose inflando as facturas que presentaban o Concello, el o Aldao, o que consentía e toleraba." A Thómas non lle conviña enfrontarse con Rabasco.

ARGUMENTACIÓN XURÍDICA

Inda recurre a Sencia do 26 de outubro de 2006 alegando que vulnera o seu dereito á liberdade de expresión (art. 20.1. a CE) ao superpoñer a este o dereito ao honor (art. 18.1 CE) do querellante, Rabasco Noche. Dedúcese, así mesmo, que consideran vulnerado o dereito áliberdade de información (art. 20.1. CE). É importante coñecer a diferencia entre ambas liberdades, xa que moitas veces mestúranse e poden chegar a confundirse. Por un lado, a liberdade de expresión fai referencia aos pensamentos, ideas e opinións, mentres que a liberdade de información concrétase na comunicación de feitos veraces e de interese. Moitas veces, mestúranse, polo que á hora de xulgar sempre é necesario determinar cal das dúas liberdades é a que predomina en cada caso. Así, cabe destacar que "é obvio que os feitos probados non poden ser a un mesmo tempo valorados como actos de exercicio dun dereito fundamental e como condutas constitutivas dun delito." (SSTC 2/2001, de 15 de enero, FJ 2; 185/2003, de 27 de octubre, FJ 5). É dicir, a menos que se trate de difundir información sobre feitos noticiosos ou noticiables polo seu interese público e que a información sobre estes feitos sexa veraz, a liberdade de información non está constitucionalmente respaldada e o seu exercicio poderá afectar a algún dos dereitos que anuncioa o artigo 20.4 da CE como límite.
Tamén se especifica nas leis que a veracidade non debe influír sobre a opinión pública, senón que debe ser obxectiva, fomentando o pluralismo como base da convivencia. Así, non se poderán emitir noticias baseadas en rumores, insidiosas ou aquelas gratuítas ou infundadas. A veracidade conleva o contraste previo cos feitos obxectivos (SSTC 6/1988, de 21 de enero; 28/1996, de 26 de febrero; 52/1996, de 26 de marzo; 3/1997, de 13 de enero; y 144/1998, de 30 de junio) e a dilixencia do narrador pode terse en conta a pesar de resultar veraz a información que publica se esta conleva danos para o honor dun terceiro.
En canto á noticiabilidade, débese verificar o interese social da información, xa sexa polo carácter público da persoa á que se refire ou polo feito en sí no que esa persoa estea involucrada. Se cumple esto, pódese afirmar que é encuadrable dentro da prensa libre necesaria nun sistéma democrático (STC 171/1990, de 12 de noviembre, FJ 5).
O art. 20.1 CE non recoñece un pretendido dereito ao insulto, xa que a emisión de apelativos innecesarios e que poidan causar unha lesión inxustificada á dignidade das persoas (Art. 10 CE) ou ao prestixio das institucións non fomenta a formación dunha libre opinión persoal dos lectores non está protexido por lei. Ademais, os cauces nos que se difunda esta información son determinantes.
Na noticia, faise referencia ao feito de que o querellante recibira 10.500.000 pesetas dunha das entidades administradas por unha colaboradora do seu pai, polo que según o xornalista, se confirma que este financiou ao seu partido e a membros da familia con empresas construidas ex profeso para contratar co Concello. É preciso determinar que relación garda este feito co motivo da querella, e se é xustificada a súa presencia no titular. Na cabeceira da noticia non poden aparecer expresións que conleven a vulneración do honor das persoas e que, ademais, non introduzan a información que se vai dar a continuación. Neste caso, está xustificada a palabra "xenófobo" porque é certa e reviste de especial importancia no caso: Rabasco Noche despreciou ás prostitutas durante unha campaña electoral. Así, todos os cidadáns teñen dereito a coñecer este suceso independentemente da relevancia pública ou privada do suxeito, xa que se pon en conexión coa función constitucional da existencia dunha comunicación pública libre como garantía do principio de lexitimidade democrática (STC 6/1981, de 16 de marzo, FJ 3) para que o cidadán poida formar libremente as súas opinións e participar de modo responsable nos asuntos públicos (STC 159/1986, de 16 de diciembre, FJ 6). Vólvese fundamental, unha vez máis, a dilixencia e a obxectividade dos feitos probados. Contra Rabasco Noche había un procedimento penal aberto según o cal os policías de Palma escoitaran a el e aos seus acompañantes no coche de ASI proferir insultos racistas, discriminatorios e xenófobos. Por tanto, a expresión non é vexatoria nin ofensiva, xa que chamarlle "xenófobo" a unha persoa que sinte odio, repugnancia ou hostilidade cara os extranxeiros non supón unha negación da súa dignidade en canto a persoa. Non é unha expresión formalmente vexatoria que resulte gratuita ou innecesara para a información que se pretende transmitir (STC 198/2004, de 15 de noviembre, FJ 7).
Por tanto, cabe deducir que no contexto no que foi empregada a expresión do titular, non pon en dúbida de maneira desproporcionada e desvinculada da información e as súas fontes a honorabilidade do aludido, nin pode ser calificada de mera invención carente de cobertura constitucional, de modo que se trata dun exercicio lexítimo da liberdade de información (Art. 20.1 CE d) ) que non pode ser restrinxida mediante unha sanción penal.

COMENTARIO XURÍDICO
A lei é subxectiva e depende da interpretación de cada persoa. Por eso, é importante que esta sexa o máis xusta e correcta posible.
Rabasco Noche profire insultos cara unhas prostitutas extranxeiras ante a atenta mirada duns gardas. Estes dan conta do acontecido e iníciase un trámite lexislativo que remata coa absolución de Inda tras chamarlle "xenófobo" ao mallorquín.
En primeiro lugar, no Artigo 20 recoñécense e protéxense os seguintes dereitos, divididos en catro apartados e reñacionados coa liberdade de expresión:
a) Expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución.
b) Á produción e creación literaria, artística, científica e técnica
c) Á liberdade de cátedra.
d) A comunicar ou recibir libremente a información veraz por calquera medio de difusión. A Lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao secreto profesional no exercicio destas liberdades.
O exercicio destes dereitos non pode restrinxirse mediante nindún tipo de censura previa, e será a Lei a que regulará a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependetes do Estado ou de calquera enten público e garatirá o acceso a ditos medios dos grupos sociais dos grupos sociais e políticos significativos, respetando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de España. Non obstante, estas liberdades teñen límites, e estes están no respecto aos dereitos recoñecidos no propio Título, nos preceptos das Leis que o desenvolven e, especialmente, no dereito ao honra, á intimidade, á propia imaxe e á protección da xuventude e da infancia.
Unha pregunta que se plantexa neste caso é a lexitimidade de vulnerar o dereito á honra, á intimidade ou a imaxe a cambio da prevalencia do dereito de expresión.
O dereito ao honor, imaxe e a intimidade son dereitos personalísimos. O Art. 18.1 da CE garantiza o dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e o dereito a propia imaxe. Estos tres dereitos independentes e autónomos defenden bens xuridicos distintos ainda que teñan un tronco común: a dignidade da persoa. Producírase unha vulneración do dereito da honra cando se produza unha intromisión ilexítima na dignidade da persoa que lesiona ou atenta a consideración social da mesma e da súa propia integridade moral. A lei orgánica 1/1982 distingue dous tipos de persoas no tocante ao dereito da honra, pois distingue personaxes públicos dos privados: os primeiros verán restrinxidos os seus dereitos cando afecta a esfera da vida privada.
Rabasco Noche non é realmente un personaxe público, xa que para saber quen era no ámbito da política é necesario remitirse a seu pai. Non obstante, o motivo de que Inda o denomine "xenófobo" ten lugar nas rúas e calquera persoa podería telo visto. Insultou a outras persoas, e a pesares da existencia da liberdade ideolóxica na nosa lexistación (Art. 16) o Art. 14 defende que todos os españois somos iguais ante a Lei, e que non pode prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. A RAE define "xenófobo" como "odio, repugnancia ou hostilidade cara os extranxeiros", polo que en realidade Inda non se equivocaba cando denominaba así a Noche Rabasco.

COMENTARIO XORNALÍSTICO

A xustiza vai moitas veces máis alá dos tribunais e chega ás rúas, onde moitos a toman pola súa propia man. Por sorte, non sempre acontece así.
Cando Noche Rabasco insultou a unhas prostitunas na rúa, non pensaba que eso lle acarrearía os problemas cos que máis tarde se tivo que enfrontar. Inda sacou á luz os feitos e deixou ben claro á vista de todos aqueles que o quixeran ver o que o fillo de Joaquín Rabasco era un xenófobo. Máis alá do que esta palabra poida conlevar como insulto, é unha verba cun significado claro: odio ou medo aos extranxeiros. Ante a dúbida de que o home en cuestión temese ás prostitutas ás que ían dirixidas as palabras, está claro que non era moi favorable á súa presenza na rúa.
Os cidadáns teñen dereito a coñecer o que acontece, a ter información obxectiva que lles permita coñecer o mundo no que se desenvolven e a sociedade á que pertencen. Inda é un xornalista cunha dilatada carreira que así o avala. Cando elaborou o seu artigo, xulgou positivo para todos o acontecemento polo cal máis tarde sería denunciado, e non se equivocaba: os Tribunais remataron por darlle a razón.
O feito de que hoxe en día siga habendo xente que rexeita o diferente é unha mostra do que á sociedade lle queda por avanzar. Moitas veces, son casos excepcionais que ensucian o que se constrúe entre todos, pero é tarefa dos xornalistas denuncialo e da xustiza poñer os puntos sobre as íes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario