jueves, 3 de mayo de 2012

Día da Liberdade de Prensa



No Día da Liberdade de Prensa, o xornal 'La Información' repasa vinte películas dedicadas ao periodismo, entre elas a última de Johnny Depp.

Ademais de ver algunha, tamén podemos (debemos) dedicar uns minutos para reflexionar sobre onde estamos. Unha opción é facelo da man de Alfonso Hermida, compañeiro de Televisión de Galicia e autor do manifesto asumido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). Hai outras moitas declaracións, comentarios e análises interesantes, pero xa que estamos en Galicia vou recomendar un brillante -e pouco optimista- artigo publicado en 'El País' por  Xosé Manuel Pereiro. Como ben sabedes, é o decano do CPXG.

Na Facultade houbo un acto conmemorativo. É unha mágoa, pero non se pode dicir que fose multitudinario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario