domingo, 26 de febrero de 2012

Preguntas temas 5-10

*TEMA 5
María Antonieta de Luances y Marañón, catedrática de dereito, estudosa da lexislación española ao longo da historia poderá facer unha interpretación das normas xurídicas:
a)Doutrinal
b)Xudicial
c)Histórico-social
d)Ningunha das anteriores.
*TEMA 6
Pepiño Blanco, ex concelleiro de obras públicas dun concello lucense recibe 500.000€ dun empresario da construción para obter a contrata da construción das beirarrúas do concello en cuestión. Estes acordos son descubertos e Pepiño ante un tribunal declara que non era consciente de que “un concelleiro non pode percibir diñeiro a cambio de beneficiar a construtores”. Terá beneficio algún durante o proceso?
a)Non, non cabe ampararse na ignorancia para eludir unha sanción.
b)Si, xa que Pepiño carece dun título universitario en Dereito enténdese que non é coñecedor da lei.
c)Queda a criterio do tribunal.
d)Ningunha das anteriores.
*TEMA 7
Bertín, xinete profesional valenciano falece a consecuencia dunha caída nunha exhibición en Sudáfrica . As normas que se aplicarán no referente á sucesión, o patrimonio, etc. logo do seu falecemento serán:
a)As españolas, xa que é cidadán español
b)As surafricanas xa que é onde se produce a súa morte.
c) As da República Democrática do Congo, por atoparse (aproximadamente) a medio camiño.
d)Ningunha das anteriores.
*TEMA 8
A asociación TURURURU, que promove a recuperación do Entroido tradicional en diversos concellos de Galicia ten personalidade:
a)Xurídica.
b)Física
c)Non ten personalidade, é unha institución.
d)Ningunha das anteriores.
*TEMA 9
Miguel Anxo e María Luísa, de 14 e 15 anos de idade respectivamente están moi namorados e queren casar. Logo de solicitalo e estudar o caso obteñen a dispensa do xuíz. Poderían casar?
a)Si, cumpren as condicións establecidas
b)Non, en ningún caso poden casar os menores de idade
c)Si, e mesmo poderían casar sen dispensa algunha, tan só acreditando o seu amor.
d)Ningunha das anteriores.

*TEMA 10
Alejandro, de 39 anos e pai de dous fillos, consome drogas desde a morte da súa esposa 5 anos atrás. Chega un punto en que é declarado incapacitado pola súa drogadición perdendo a custodia dos seus fillos mais, uns anos despois sae da droga e recupera a normalidade. Poderá recuperar a custodia dos seus fillos?
a)Si, se as autoridades competentes o autorizan.
b)Non
c)Deberá chegar a un acordo económico cos titores dos seus fillos
d)Ningunha das anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario