ADOPTAR
ESTÁ DE MODA
Numerosos famosos, entre os que se
encontra Melanie Olivares, adoptan pequenos chegados dos países
menos favorecidos a pesar do complicado proceso
Paula Quintás López / Boimorto
A actriz Melanie Olivares, de 39 anos
de idade, deu a luz recentemente a súa segunda filla, á que puxo o
nome de Manuela. Tanto ela como a súa parella, Javier Rojas,
móstranse contentos coa pequena. Melanie tiña xa unha filla,
Martina, adoptada no ano 2007.
Melanie, coñecida polo papel de Paz
en Aída, colabora con Intervida
, unha ONG destinada a protexer os dereitos dos máis pequenos,
mellorando as condicións de vida da infancia e das súas familias.
Estas accións son cada vez máis correntes entre personaxes
coñecidos por aparecer a miúdo na prensa rosa. De entre todos,
sobresae o caso de Brad Pitt e Angelina Jolie. Esta última leva a
cabo numerosas accións humanitarias arredor do globo e ten adoptados
tres fillos de diferentes nacionalidades que xurídicamente levan o
apelido Jolie-Pitt.
Con estes precedentes e mulleres como
a protagonista de Lara Croft de exemplo, non é de extranar que hai
cinco anos Melanie se atrevera a adoptar á pequena etíope, que
contaba con tan só seis meses. E é que a adopción non é unha fase
rápida e sinxela, senón que consta dunha serie de pasos que non
todos logran superar.
![]() |
| Os fillos adoptados son, a nivel legal, iguais que os biolóxicos. Fonte: Patricia F. |
Adoptar en países como Etiopía é
un complicado proceso no que se requiren unha serie de requisitos que
poucos cumplen. Dende ADDIS
Galicia infórmase de que
os matrimonios adoptantes deben ser heterosexuiais (non se admiten
parellas de feito) ou mulleres monoparentais que adoptaran
previamente no país africano. En cada Comunidade Autónoma, ademais,
establécese o custo da adopción e a idade do rapaz. O número de
adopcións na Comunidade galega varía cos anos, pero segundo datos
proporcionados por esta ONG, en xaneiro deste ano foron 6 os rapaces
acollidos por familias. No mesmo mes de 2010 e 2008, ningún rapaz
foi adoptado, mentres que en 2007 a cifra situouse en 14. O número
de adopcións non é algo fixo senón que varía cos anos. O feito de
que os requisitos sexan tan duros (para favorecer tanto ao rapaz como
á familia) fai que o número de adopcións non sexa máis elevado.
Por
outra banda, dende a Xunta de
Galicia infórmase de que o número de nenos e nenas susceptibles
de seren adoptados en países desenvolvidos (como é o caso de
España) diminúe progresivamente grazas ao sistema de protección a
infancia, á evolución favorable das condicións socio-económicas e
ao descenso da taxa de natalidade.
A catedrática de dereito da
Universidade de Santiago de Compostela (USC) Mª
Paz García Rubio explica que a relación entre adoptados e
adoptantes é unha relación de "filiación, son fillos como os
que tes de xeito natural, exactamente igual." Así, os deberes
para con eles por parte dos pais son os mesmos que se fosen fillos
biolóxicos. Mesmo un abandono se trata do mesmo xeito, sendo a
adopción irrevogable "a menos que os pais bióloxicos non
souberan que se estaba dando en adopción este neno. Así, o xuiz
pode dictaminar a extinción da adopción."
Por outra banda, a profesora Rubio
aclara que "A adopción, actualmente, é un modo de filiación.
Regúlase no Código Civil, pero hai Comunidades Autónomas que teñen
competencias para establecer as súas propias normas, parecidas ás
do Código Civil. Galicia estableceu unhas poucas normas na súa Lei
do Dereito Civil que están recurridas ao Constitucional. Estamos
agardando a saber se son constitucionais ou non. De momento, estánse
aplicando."
Melanie adoptou porque era eso o que
sentía que debía facer. Tal e como afima Inmaculada
Ferndez-Nespral, nai adoptiva e membro da Xunta Directiva de MANAIA
(asociación galega de axuda á adopción) o que impulsa á xente a
adoptar é "o desexo de ser pais, se ben o interese primordial
que debe primar en toda adopción é o dereito dos menores a ter unha
familia. Por tanto, a través da adopción podemos conciliar ambos
desexos e intereses, e sen dúbida, lógrase a través deste
marabilloso mundo da adopción."

No hay comentarios:
Publicar un comentario