sábado, 10 de marzo de 2012

Dereito audiovisual

INCAPACITACIÓN




A demencia senil impide que actuemos de xeito adecuado



O avó Simpson ten todas as papeletas para padecer demencia senil: ten pérdidas de memoria e cóstalle prestar atención e non evadirse. Incluso se chega a insinuar este feito nalgún capítulo.

Segundo a Constitución, este é un motivo de incapacitación susceptible de graduación.

O Artículo 200 do CC establece que son causas de incapacitación as enfermidades ou deficiencias persistentes de carácter físico ou psíquico que impidan á persoa gobernarse por si mesma.
Neste vídeo pode verse a irresponsabilidade que mostran os protectores do patriarca Simpson. Se está incapacitado, porque lle deixan coidar do bebé?

Probablemente teña unha protección do ámbito patrimonial, de xeito que sexa o seu fillo (Homer) o que preste asentimento nos actos de disposición e administración realizados polo incapacitado. Esto deberíase a que o suxeito en cuestión non ten cónyuge, pais nin persoa desiganda previamente á súa enfermidade que o tutelen, polo que debe ser a descendencia a que se encargue del.

Esta situación dáse a miúdo en moitas familias, de forma que os avós acaban metidos en residencias onde, pese a seren atendidos (normalmente) ben, acaban por "atrofiarse" máis e sentirse peor. O cariño da familia, estar na casa, é algo que non se paga co diñeiro que se gasta en residencias da terceira idade. Así mesmo, pode resultar beneficioso para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario