jueves, 15 de marzo de 2012

Adopción



A adopción é un acto xurídico en virtude do cal se crean relacións idénticas das que se derivan da filiación por natureza, entre dúas persoas: adoptante e adoptado. A familia biolóxica e carnal é substituída pola familia afectiva e psicolóxica.


 
Nesta escena final da película “Los chicos del coro”, o profesor, Clément Mathieu, vai subir ao autobús cando un dos seus alumnos, Pepinot, un neno orfo que cada sábado espera inocentemente que o recollan seus pais, lle pide que o leve con el. Ao final Clément Mathieu accede e lévase ao neno con el.

Esta adopción cumpre algúns dos requisitos necesarios para calquera adopción legal: o adoptante ten máis de 25 anos e a diferenza entre este e o adoptado é de máis de 14 anos. O adoptado é un menos non emancipado (outra posibilidade sería que tivesen vivido en réxime de acollemento ou convivencia antes de que o adoptado cumprise os 14 anos). Ademais, Pepinot non é descendente nin colateral, e o profesor non foi o seu titor antes de aprobarse as contas da tutela. Por último, a adopción estaría realizada solo polo profesor, como é debido, xa que ninguén pode ser adoptado por máis dunha persoa a non ser que a adopción se realice conxunta ou sucesivamente por ambos cónxuxes.

Porén, sería unha adopción ilegal porque non interveñen entidades públicas de protección de menores, e non estaría regulada. Ademais non se fixo un control sobre a idoneidade do adoptante, como é debido, nin se controlaron as circunstancias do menor (a adopción podería quedar prohibida segundo estas para evitar a venda de nenos).

Unha vez feita a adopción, o adoptante terá que cumprir as obrigas de todo adoptante conforme á lei do país (xa que legalmente, son iguais aos fillos biolóxicos) e facilitar informes de seguimento. Pola súa parte, o adoptado terá que ser informado da súa procedencia biolóxica se así o decide.


Rosalía Quiroga Trasorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario