Caso práctico 5:
A equidade busca unha aplicación:
a) totalmente rigorosa.
b) común e sen posibilidades á individualización.
c) que non sexa rigorosa de cada norma, senón individualizada.
d) Ningunha das anteriores.
Caso práctico 6:
Xisela ten un bar ás aforas dunha gran cidade española. Cando aprobaron a lei que prohíbe fumar nestes establecementos (2011), seguiu consentindo que os seus clientes fumasen. En xaneiro de 2012, unha inspectora descobre esta situación e decide sancionar a Xisela. Non obstante, a dona négase a pagar a multa alegando que ela non sabía nada desta lei.
a) Xisela non ten culpa de descoñecer a lei, polo que non está obrigada a pagar a multa.
b) A ignorancia de leis non exime de cumplilas: Xisela ten que pagar a multa.
c) A inspectora debería perdoarlle e informar a Xisela sobre a lei, xa que a dona do establecemento non pode prohibirlles aos clientes que non fumen dentro do mesmo.
d) Ningunha das anteriores.
Caso práctico 7:
Pepe cásase con Xulia en Mozambique intentando facer algo alternativo ao que fixeran os seus amigos. Cando chegan a España, esixe que o seu matrimonio sexa aceptado no seu país de orixe.
a) Será aceptado porque, unha vez te casas, esa unión é válida en todo o mundo.
b) Terá validez sempre e cando o soliciten persoalmente no Parlamento.
c) Non será aceptado. O criterio territorial establece que se aplican en territorio nacional as normas españolas.
d) Ningunha das anteriores.
Caso práctico 8:
Marisa, Susana, Luís e outros amigos crean unha asociación. Pode dicirse que ten carácter de "persoa física"?
a) Sí, das asociacións pode dicirse que son físicas pero non xurídicas.
b) Non, das asociacións pode dicirse que son xurídicas pero non físicas.
c) Sí, xa que a asociación está formada tanto por homes como por mulleres.
d) Ningunha das anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario