Caso práctico tema 1:
Xaime ve unhas fotos súas moi comprometidas da última saída nocturna en compañíz dun grupo de amigos colgadas por toda a cidade na que vive e quere que quen as colgou lle pague unha indemnización porque afirma que está perxudicando a súa honra. Xoán, o causante desta broma, négase a dar a cara porque afirma que a honra de Xaime é pública. Está no certo?
a) Non, a honra é un dereito privado.
b) Sí, a honra é un dereito público.
c) Sí, porque a honra pode ser pública ou privada según a persoa á que se refira.
d) Ningunha das anteriores.
Caso práctico tema 2:
Miguel descobre unha lei no Estatuto de Autonomía de Madrid que o favorece á hora de solucionar un pleito ao que leva anos intentando darlle unha solución. Non obstante, cando llo comenta ao seu avogado, este dí que non o pode aplicar porque a Constitución Española foi modificada recentemente de xeito que se nega o dito no Estatuto de Madrid. Pode Miguel escudarse igualmente no seu descubrimento?
a) Sí, se está no Estatuto de Autonomía de Madrid é totalmente válido.
b) Non, os Estatutos de Autonomía deben confirmar o recollido na Constitución.
c) Non, os criterios de xerarquía impídenllo.
d) Ningunha das anteriores.
Caso práctico tema 3:
María falece sen facer testamento e a súa filla Carme, xa orfa, recibe a herdanza. Xoel, amigo da infancia da falecida, relama parte do deixado pola finada alegando que sempre se quixeran moito e que a persoa, os amigos e a familia son institucións do dereito civil:
a) A herdanza pertence a Carme a pesar de ser unha sucesión intestada, pois é a herdeira directa.
b) A herdanza debería ser para Xoel porque María sempre o quixo máis que á súa filla.
c) A herdanza non debería ir para ninguén porque María non tiña o testamento feito.
d) Ningunha das anteriores.
Caso práctico tema 4:
As normas xurídicas teñen como características a racionalidade, a obrigatoriedade, a universalidade e a imperatividade. Esmeralda négase a cumprir unha norma xurídica e non entende porque debe facelo:
a) Se, en relación á obrigatoriedade é imperativa, debe cumplila obrigatoriamente.
b) Se, en relación á obrigatoriedade é dispositiva, debe cumplila obrigatoriamente.
c) As normas xurídias, sexan imperativas ou dispositivas, deben cumplirse sempre.
d) Ningunha das anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario