sábado, 10 de marzo de 2012

TEMAS 6,7,8,9


CASO PRÁCTICO TEMA 6 :

Martín atópase nunha rúa pouco transitada de Santiago de Compostela , tras beber un par cervexas éntranlle ganas de mexar e decide facelo directamente na vía pública, porén a policía achégase a el impoñéndolle unha sanción económica.Martín desconcertado alega que non coñecía dita norma:

a)O policía compadécese de Martín polo descoñecemento de este.

b)O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento

c)Ó final Martín líbrase da sanción pois ninguén coñece ese tipo de prohibicións e o xuíz lle dará a razón.

d)Ningunha das anteriores é correcta.



CASO PRÁCTICO TEMA 7:



María traballa en una empresa de automóbiles , ten  un contrato temporal  ó amparo dunha lei que se aplica desde 2003, porén esa lei foi modificada en 2008.En 2009xorden problemas con ese contrato.No caso de aplicares a lei de 2003 estraríamos ante un claro caso de:

a)Irretroactividade

b)Retroactividade

c)María ten que aguantarse dado que a lei de 2003 moito máis beneficiosa para ela , foi modificada en 2008.

c)Ningunha das anteriores é certa.









CASO PRÁCTICO TEMA 8:

Tras un cruento bombardeo en Siria o coñecido xornalista  Javier González  falece tralo impacto da explosión.Trala certificación médica do seu falecemento así como a debida notificación no rexistro civil Javier González:

a)Extínguense as súas relacións de tipo persoal non así as de tipo xurídico que sufriran agora transformacións.

b)Extínguense as súas relacións de tipo xurídico

c)Desaparece como persoa física.

d)Ningunha das anteriores é correcta.





CASO PRÁCTICO TEMA 9:

Francisco ten 17 anos é moi mal estudante e sempre anda de troula. Seus pais fartos da súa actitude deciden que xa é hora de que Francisco se busque a vida por si mesmo ,sen embargo o rapaz non da a súa aprobación:

a)Fran deberá marchar da casa , xa ten idade para emanciparse

b)Fran deberá ser que tome a iniciativa de emanciparse ,en ningún caso poderá verse coaccionado polos seus proxenitores.

c)Os pais de Fran teñen todo o dereito a desentenderse da educación de Fran que case e adulto.

d)Ningunha das anteriores é correcta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario