sábado, 10 de marzo de 2012

TEMAS 10,11,12


CASO PRÁCTICO TEMA 10:



Roberto leva unha semana con unha febre altísima , na clase de dereito escoitou falar sobre incapacidade así que ante a imposibilidade de levantarse da cama solicita a incapacidade ante un xuíz:

a)O xuíz concédelle a incapacidade a Roberto ata que este recobre novamente a saúde e fortaleza que o caracterizaban.

b)Trátase dunha enfermidade de tipo temporal ou transitorio , Roberto non ten ningunha alteración psíquica ou física severa , polo que o xuíz denega claramente a súa solicitude.

c)As incapacidades están pensadas para alteracións de tipo físico ou psíquico que lle impidan á persoa en cuestión desenvolverse de xeito habitual , este e o caso de Roberto.

d)Ningunha das anteriores é correcta.







CASO PRÁCTICO TEMA 11:

Marcos e Lucía acaban de ter un precioso neno chamado Lucas .Lucía solicita a Marcos poñerlle primeiro o seu apelido , faille moita ilusión.Marcos está totalmente de acordo xa que non considera importante a orde dos mesmos.

a)En España e totalmente obrigatoria a figuración do apelido do pai en primeiro lugar.

b)En caso de acordo poderán por os apelidos na orde que eles desexen pero o resto dos seus fillos manterán dita orde.

c)Non pasa absolutamente nada, de feito os apelidos da muller van por tradición sempre de primeiros.

d)Ningunha das anteriores é correcta.







CASO PRÁCTICO TEMA 12:



Fernando casado desde fai 20 anos  con Helena marcha cos compañeiros de traballo a Balí alí contrae matrimonio con Mara unha rapaza balinesa:

a)O primeiro matrimonio queda automaticamente anulado ó contraer Fernando o segundo.

b)O matrimonio polo rito Balinés non ten efecto ou válidez en España.

c)O segundo matrimonio non é válido xa que un requisito indispensábel para casarse é que non exista un vínculo anterior .
d)Ningunha das anteriores é correcta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario