jueves, 22 de marzo de 2012

Kramer VS Kramer


Kramer contra Kramer


Esta é a historia dunha muller que abandona ao seu marido e ao seu fillo porque ao primeiro non se preocupa máis que do traballo. Unha vez só, o marido empeza a dedicarse a todas as tarefas que antes desempeñaba súa muller . Despois dun tempo, a muller regresa e reclama a custodia do pequeno. A  partir dese momento, iniciase unha loita nos tribunais entre nai e pai pola custodia do rapaz.
 En primeiro lugar, ao abandonar o seu fillo á muller está incumprindo as súas obrigas como nai: velar por el, alimentalo e edúcalo, e representalo e administrar os seus bens. Tamén debemos ter en conta, que tras a partida da nai, o único que exerce a garda e custodia sobre o neno é o pai.
Por outra parte, a nai ten dereito legal a reclamar a custodia do fillo cando regresa, pois non foi privada da patria potestade por un  tribunal. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario