viernes, 2 de marzo de 2012

Casos prácticos temas 9, 10, 11, 12

Tema 9:

Marcos ten 13 anos e está moi namorado de Xonxa, de 15 anos de idade. Como o amor é correspondido, decide pedirlle matrimonio e a rapaza acepta. Poden casar?
a) Sí, porque é amor verdadeiro.
b) Sí, porque llo pediu como na súa película favorita (de xeonllos e con anel polo medio).
c) Sí, porque podes casar independentemente da túa idade.
d) Ningunha das anteriores.


Tema 10:

Xoel afirma que padece unha incapacitación que non lle permite traballar e pretende recibir unha paga, polo que presenta un papel firmado por súa nai que confirma o suposto.
a) É totalmente válido: as nais son moi sabias.
b) Non é válido: só un xuíz podería declaralo incapacitado.
c) Xoel é o único que sabe se está capacitado ou non.
d) Ningunha das anteriores.


Tema 11:

Luís Martínez e Marta Caxide teñen un fillo ao que chaman Pedro. Deciden poñerlle primeiro o apelido da nai e logo o do pai.
a) Pedro apelidarase Martínez Caxide independentemente do que queiran os pais.
b) Pedro poderá apelidarse Caxide Martínez se así o deciden seus pais.
c) Pedro non terá apelidos ata que aprenda a falar e decida a orde dos mesmos.
d) Ningunha das anteriores.


Tema 12:

Sandra e Miguel casan totalmente namorados. Dende o momento no que este matrimonio é válido ante a lei, ambos adquiren como deberes:
a) Vivir xuntos.
b) Gardarse fidelidade.
c) Non teñen deberes.
d) Ningunha das anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario