sábado, 10 de marzo de 2012

Casos prácticos temas 13, 14, 15 e 16


Tema 13:

Luís e María teñen en réxime de acollemento familiar preadoptivo a Gonzalo. Esto quere dicir que:

a) a súa intención é previa á adopción.
b) Gonzalo é fillo biolóxico de Luís e María. Dicir que está en réxime de acollemento familiar é outra forma de expresar esto.
c) non vive con eles, que tampouco teñen deberes con respecto a Gonzalo.
d) Ningunha das anteriores.


Tema 14:

Xoán desaparece cando o avión no que viaxaba se accidenta no Mar Maediterráneo. Pese á búsqueda exhaustiva dos viaxeiros e do avión, non é posible encontrar restos de ningún deles. Nove meses despois, a súa esposa Xoana pregúntalle a un dos seus fillos (abogado) se segue a estar casada.

a) Sí, nove meses despois a declaración de falecemento disolve o matrimonio.
b) Teñen que pasar como mínimo vinte anos para que se disolva o matrimonio.
c) Unha vez te casas, fálo para sempre (é imposible disolver esta unión).
d) Ningunha das anteriores.


Tema 15:

Maikel e Iria (españois) queren adoptar un rapaz etíope, pero a irmá de Iria, Xeila, díxolles que non o fixeran porque o rapaz sería sempre extranxeiro. É esto certo?

a) Non. O rapaz, ao ser menor adoptado de forma plena, adquire por este feito a nacionalidade española.
b) Non. Ao ser adoptado, o rapaz deixa de ser de algún sitio en concreto e deberá solicitar a nacionalización alá onde el prefira.
c) Sí. Nunca poderá ser español porque non naceu en España.
d) Ningunha das anteriores.


Tema 16:

As persoas xurídicas:

a) non existen.
b) teñen capacidade para Dereito e obrigacións en termos similares aos que teñen as persoas físicas.
c) son agrupacións de persoas físicas.
d) Ningunha das anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario