martes, 14 de febrero de 2012

Caso práctico do tema 1


          Na cidade da Coruña, un colectivo de xente xuntóuse para denunciar a venda de alcol de mala calidade nunha coñecidísima discoteca ao carón da praia de Riazor. Este colectivo chamado "Non ao garrafón", explica que os danos causados polos ademais caros "combinados", foron sometidos a rigurosos análises grazas á colaboración do Departamento de Investigación de Estupefacientes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Esta denuncia trátase dun atentado contra:


a) Dereito Público, xa que é un caso de saúde pública e aféctalle a todo o mundo.


b) Dereito Privado, xa que se non pagas, non entras e ninguén che obriga a facelo.


c) Dereito Natural, xa que o feito de que poidan atentar contra a túa saúde constitúe un grave delito contra o Dereito Básico.


d) Ningunha das anteriores é correcta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario