Mostrando entradas con la etiqueta anton. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anton. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de febrero de 2012

Caso práctico 4


Unha cafetaría decide incrementar os seus prezos pasadas as 12 da noite. Isto aplícase a todos os seus produtos. Sira mercou un paquete de tabaco ás 21:00 por 4'00 € e González pagou pola mesma marca de cigarros 4'50 € ás 00:30.

a) Os establecementos poden cobrar os produtos ao prezo que queran, os consumidores escollen se pagar ou non esa cantidade de cartos.
b) O tabaco non se pode cobrar a un prezo superior pola lei que o rixe, e polo tanto o prezo ten un carácter universal ou de xeralidade.
c) O establecemento ten que avisar do cambio de prezos a determinadas horas e así poden cobrar o que queiran a determinadas horas.
d) Ningunha das anteriores é correcta.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Caso práctico 3

Alejandro posúe unha ampla colección de discos de Bertín Osborne a maioría xa descatalogados e decide poñelos en venda. O seu gran amigo Miguel Anxo ofrécelle 10 euros e finalmente chegan a un acordo por 10.000.000 euros. Como poderían deixar reflectido o acordo?

a) De xeito escrito
b) De xeito oral
c) Ambos os dous xeitos son válidos
d) Ningunha das anteriores é correcta

Caso práctico 2

Na Comunidade Autónoma de Galiza asínase unha lei para o territorio desta que trata de regular o número de xente de pelo vermello nos locais públicos por considerarse demasiado chamativa. A partires dagora serán dúas as persoas rubias nos locais. Esta lei é:
a) Perfectamente compatíbel ca Constitución española xa que é unha competencia da Comunidade Autónoma.
b) De ningunha maneira pode ser posíbel xa que vulnera os dereitos máis básicos das persoas e discrimina a un sector determinado.
c) Depende da aprobación dende Madrid e non se poderá aplicar agás dean o visto bo.
d) Ningunha das anteriores é correcta.

martes, 14 de febrero de 2012

Caso práctico do tema 1


          Na cidade da Coruña, un colectivo de xente xuntóuse para denunciar a venda de alcol de mala calidade nunha coñecidísima discoteca ao carón da praia de Riazor. Este colectivo chamado "Non ao garrafón", explica que os danos causados polos ademais caros "combinados", foron sometidos a rigurosos análises grazas á colaboración do Departamento de Investigación de Estupefacientes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Esta denuncia trátase dun atentado contra:


a) Dereito Público, xa que é un caso de saúde pública e aféctalle a todo o mundo.


b) Dereito Privado, xa que se non pagas, non entras e ninguén che obriga a facelo.


c) Dereito Natural, xa que o feito de que poidan atentar contra a túa saúde constitúe un grave delito contra o Dereito Básico.


d) Ningunha das anteriores é correcta.