TEMA 1:CONCEPTO DE DERECHO.
Un alumno de 2 curso decide contraer matrimonio.Nas
invitacións indica claramente que á cerimonia será preferible ir de “etiqueta”.
Pablo acode en americana e deportivas.
a)Pablo está infrinxindo a lei o cal lle reportará
consecuencias xurídicas.
b)Pablo simplemente elude o protocolo xa que estamos ante
unha norma social.
c)Pablo deberá facer fronte a unha sanción de tipo
económico.
d)Ningunha das anteriores é correcta.
TEMA 2:AS FONTES DO DEREITO.
Marcos fumou a semana pasada no patio do seu instituto.Hoxe
entrou en vigor unha nova lei que prohibe fumar en espazos públicos .Como
Marcos levou a cabo está acción con anterioridade á prohibición de fumar
falamos do principio que salvagarda a seguridade xurídica,polo que as leis non
terán efecto respecto a feitos anteriores a súa promulgación,salvo disposición
en contrario.Falamos pois da:
a)Acción prerrogativa das normas
b)irretroactividade das normas
c)retroactividade
d)Ningunha das anteriores é correcta.
TEMA 3:O DEREITO CIVIL ESPAÑOL.
Son normas de natureza civil entre outras:
a)As referidas o ámbito familiar e persoal
b)As recollidas o largo do articulado do Código Civil.
c)As que afectan ó ámbito patrimonial das sociedades mercantís
d)Ningunha das anteriores é correcta.
TEMA 4:AS NORMAS XURÍDICAS
Un xogador dun coñecido equipo de fútbol sáltase o “stop”
dun axente policial.Conforme ás características dunha norma xurídica deducimos
o seguinte:
a)A lei é igual para todos(famosos e non famosos)
b)A lei debe ser racional , e por tanto existen excepcións
(urxencia do caso,...)
c)A lei é imperativa e polo tanto será o club de fútbol que
responderá ante dita sanción.
d)Ningunha das anteriores é correcta.
TEMA 5:INTERPRETACIÓN DAS NORMAS XURÍDICAS.
A interpretación que amplía o significado por riba ou máis
aló da propia letra da lei debería ser considerada como:
a)interpretación extensiva
b)non é interpretación
c)interpretación prolongadora.
d)Ningunha das anteriores é correcta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario