viernes, 9 de marzo de 2012

Dereito audiovisual: adquisición da nacionalidade. SERGE IBAKA



ADQUISICIÓN DA NACIONALIDADE

En España, pode adquirirse a nacionalidade de diversas maneiras:
1.Orixinaria, no momento do nacemento como, por exemplo: os fillos de pai ou nais españois, os nacidos en territorio español de países estranxeiros (se ambos carecesen de nacionalidade ou non lle fora atribuída ningunha, para evitar os apátridas). Outro exemplo son os nacidos en España que teñan unha filiación descoñecida.

2.Derivativa, posterior ao nacemento, podendo ser voluntaria ou forzosa.
*Voluntariamente, pódese exercer o dereito de opción (desde os 14 anos ou despois de alcanzada a maioría de idade segundo o establecido no artigo 20 do Código Civil), por carta de natureza (mediante Real Decreto en circunstancias excepcionais), por residencia (que debe ser legal, continuada e anterior á petición [existindo diversas esixencias segundo cada caso])

*Con carácter forzoso un menor de idade adoptado de maneira plena adquire por esta circunstancia a nacionalidade española.




CASO CONCRETO: No caso que nos ocupa (deixando a un lado o “gazapo” de José Blanco”), o do pívot de baloncesto Serge Ibaka, nado en Brazzaville (República do Congo) apreciamos como a adquisición da nacionalidade española ven dada por carta de natureza, sendo aprobada en Consello de Ministros e adoptando como circunstancias excepcionais que, segundo recolle o xornal La Vanguardia, trátase dun xogador de bo nivel deportivo para a alta competición.
Por esta nacionalización do xogador dos Oklahoma City Thunder, este debe xurar fidelidade ao Rei de España e obediencia á Constitución e a lexislación vixente, renunciando á súa última nacionalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario