viernes, 23 de marzo de 2012

Casos prácticos Rosalía Quiroga Trasorras


Casos prácticos Rosalía Quiroga Trasorras
Publicado por Rosalía
Tema 1: concepto de dereito
Abriron unha nova discoteca e Carlos decide ir o día da inauguración. Despois de ir facer exercicio non lle dá tempo a ir a casa, e vai vestido coa roupa de deporte á discoteca. O porteiro non lle deixa pasar por "non levar a roupa adecuada", pero el consigue colarse dentro igualmente. Se o porteiro o pilla:
a) poranlle unha multa, pois está infrinxindo unha lei moral
b) botarano da discoteca por infrinxir unha lei social
c) poranlle unha multa por infrinxir unha lei física
d) ningunha das anteriores


Tema 2: as fontes do dereito
Dentro de España, as normas están xerarquizadas da seguinte maneira:
a) A norma superior é o Código Civil
b) As normas propias de cada Comunidade son as superiores de cada territorio
c) A Constitución é a lei fundamental do país, pero algunhas normas poden violala dependendo da situación
d) Ningunha das anteriores

Tema 3: O Dereito Civil Español
Aparece a necesidade de crear unha nova lei civil, atendendo a novas materias ás que non se lles fixera caso no momento de codificar o CC:
a) Introdúcense directamente no CC
b) Xa non existe a posibilidade de que esa lei entre en vigor
c) Recóllese noutras leis civís fóra do CC
d) Ningunha das anteriores

Tema 4: As normas xurídicas
Martín incumpre unha norma de tráfico, polo que se lle impón unha sanción
a) Atendendo ao aspecto civil, é enviado á cárcere
b) Atendendo ao aspecto penal, é enviado á cárcere
c) Atendendo ao aspecto civil, póñenlle unha multa
d) Ningunha das anteriores

Tema 5: Interpretación das normas xurídicas
Á hora de interpretar unha norma xurídica
a) É o lexislador quen fai a interpretación xudicial
b) Son os xuíces e os Tribunais de Xustiza quen fan a interpretación auténtica
c) Sos os estudosos do dereito quen fan a interpretación doutrinal
d) Ningunha das anteriores

Tema 6: Eficacia das normas xurídicas
Kevin chega de Australia a España con 17 anos e descoñece que en España se conduce pola dereita e a partir dos 18, así que colle un coche alugado e conduce varios kms por unha estrada sen tráfico pola esquerda. Párao a policía
a) Aplicaranlle a sanción correspondente por incumprir a lei
b) Ao ver que é australiano e descoñece a lei, farán a vista gorda con el
c) Alegará descoñecemento e sairá absolto
d) Ningunha das anteriores

Tema 7: Aplicación das normas xurídicas
Unha persoa no estranxeiro acóllese ás leis dese país estranxeiro nos seguintes supostos:
a) Separación ou divorcio
b) Sucesión por causa de morte
c) Relacións paterno-filiais
d) Ningunha das anteriores

Tema 8: A persoa física:
Marcos morre deixando muller e fillos. En herdanza, aos seus fillos deixaralles:
a) Propiedades
b) A súa muller
c) As dúas anteriores
d) Ningunha das anteriores

Tema 9: Capacidade xurídica e capacidade de obrar:
María, menor de idade, para poder traballar en certa axencia de modelos, debe adquirir a emancipación. Para isto:
a) Debe inscribir isto no Rexistro Civil
b) Debe ter máis de 14 anos
c) Con irse de casa dos seus pais é suficiente
d) Ningunha das anteriores

Tema 10: A incapacitación:
Xose ten un accidente co coche do que é culpable unica e exclusivamente. A posible pena que lle pode caer verase reducida se:
a) Alega que iba drogado
b) Se demostra que iba drogado
c) Alega que tiña dor de cabeza
d) Ningunha das anteriores

Tema 11: A condición da persoa
Laura, política coñecida, é filmada por unha cámara sen darse conta tomando un café coa presidenta na súa casa mentres falaba dos problemas que ten co seu mozo.
a) Pode denunciar a filmación porque é unha violación do dereito á honra, á intimidade e a propia imaxe
b) Non pode denunciar a filmación porque exerce un cargo de notoriedade e é información de carácter público
c) Non pode denunciar a filmación porque é información gráfica sobre un suceso público
d) Ningunha das anteriores

Tema 12: O matrimonio
Marián ten 17 anos e está emancipada dende hai un ano. Quere casarse con Tomás, de 26 anos, que está separado de Ana, pero dinlle que ese matrimonio non será válido porque:
a) Marián é menor de idade
b) Pola diferenza de idade
c) Tomás está separado
d) Ningunha das anteriores

Tema 13: Relacións paterno-filiais
A un proxenitor se lles exime da patria potestade cando:
a) Se divorcia do outro proxenitor
b) O fillo cumpre a maioría de idade, aínda que o deber de alimentar, educar e procurar unha formación integral simplemente cambia de natureza
c) Se o fillo é adoptado
d) Ningunha das anteriores

Tema 14: Localización da persoa
A Inés concedéronlle unha beca no seu traballo coa que se irá durante un ano a México para realizar uns estudios. O seu novo domicilio mexicano será:
a) Real ou voluntario
b) Legal ou necesario
c) Especial ou de elección
d) Ningunha das anteriores

Tema 15: Vinculación xurídica da persoa a unha comunidade política
Kiya é natural de Ethiopía, pero fai catro anos foi adoptada por Eduardo e a súa muller. Kiya adquiriu a nacionalidade española:
a) Por dereito de opción
b) Con carácter necesario
c) Por carta de natureza
d) Ningunha das anteriores

Tema 16: A persoa xurídica:
Os irmáns Hernández deciden crear unha ONG contra a fame no corno de África. Esta personalidade xurídica sería:
a) Unha Asociación
b) Unha Fundación
c) Unha Corporación
d) Ningunha das anteriores

Tema 17: As cousas:
Para que algo sexa considerado cousa no sentido xurídico, ten que ter os seguir os seguintes requisitos:
a) Utilidade, individualización e apropiabilidade
b) Apropiabilidade, utilidade e funxibilidade
c) Individualización, funxibilidade e apropiabilidade
d) Ningunha das anteriores

Tema 18: O patrimonio:
Carlota ten un apartamento, un coche e unha moto que herdou do seu avó hai xa 10 anos. Que tipo de patrimonio ten?
a) Patrimonio persoal
b) Patrimonio de destino ou en administración
c) Patrimonio especial ou separado
d) Ningunha das anteriores

Tema 19: O dereito subxectivo:
Un supermercado sorteou un coche. O gañador do concurso, co número 73, poderá recollelo nunha semana. Que posición ten esta persoa dentro do dereito subxectivo?
a) Individualizado dunha maneira mediata
b) Transitoriamente determinado
c) Determinado polo feito posesorio
d) Ningunha das anteriores

Tema 20: A obriga: concepto e regulación legal:
As partes que integran unha obriga son:
a) Solo a débeda
b) A débeda e a responsabilidade
c) A débeda e a responsabilidade, aínda que hai cousas nas que pode haber a unha sen a outra
d) Ningunha das anteriores

Tema 21: Elementos da obriga
Antonio proponlle a Lidia pagarlle o que ela quixese si ela o acompañaba de viaxe. Lidia acepta e despois pídelle que lle compre unha casa. Antonio négase porque:
a) O obxecto non é lícito
b) O obxecto non estaba determinado
c) O obxecto non é posible
d) Ningunha das anteriores



Rosalía Quiroga Trasorras

No hay comentarios:

Publicar un comentario