jueves, 16 de febrero de 2012

Casos prácticos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7.

Alba Mancebo Soto



CASO PRÁCTICO TEMA 1

O alcalde do concello de Dumbría, Anxo Barros, vive nun edificio no centro do pobo. Todos os veciños saben que o aluguer da edificación é pagado polo concello. Deste xeito, o contrato:

a) Pertence ó dereito público.

b) Pertence ó dereito privado.

c) Pertence a ambos os dous ó mesmo tempo.

d) Ningunha das anteriores é certa.



CASO PRÁCTICO TEMA 2

As cifras indican que nos últimos anos as mortes debido ó tabaco se incrementaron a nivel europeo. En plena recesión demográfica, a Unión Europea decide levar a cabo certas normas que incrementen a natalidade e outras que diminúan a mortaldade. Así, establece no Reglamento a prohibición da venda de tabaco. Países como Austria, Italia ou España non están de acordo coa nova lei.

a) Poden modificala.

b) Deben acatalas normas obrigatoriamente.

c) Poden rexeitala.

d) Ningunha das anteriores é certa.


CASO PRÁCTICO TEMA 3

Manuel entrou en crise no 2007 e para sacar adiante a súa empresa pediulle emprestados cartos ó seu mellor amigo Pedro. Actualmente, aínda lle debe 3000€ a Pedro. Isto trátase de:

a) Obligación

b) Contrato

c) Dereito real

d) Ningunha das anteriores é certa.


CASO PRÁCTICO TEMA 4

Cando unha norma manda ou prohíbe algo, trátase de:

a) Obligatoriedade

b) Racionalidade

c) Universalidade

d) Ningunha das anteriores é certa.



CASO PRÁCTICO TEMA 5

Xaime entra na casa de Manuel sen consentimento a buscar o seu sofá, do que unha semana antes Manuel se apoderara violentamente. Cando é detido por violación de morada, Xaime apóiase na lei alegando que era un ben privado e que precisaba recuperalo. O xuiz dictamina ó seu favor. A interpretación deste é:

a) Declarativa

  1. b) Extensiva

    c) Correctora

    d) Ningunha das anteriores é certa.



CASO PRÁCTICO TEMA 6

Xoán Xosé leva preto de vinte anos poñendo a pastar as súas vacas nunha leira allea. Cando o dono da leira chega do exilio e se atopa con esta situación, denunciao. Xoán Xosé alega que non era coñecedor da lei que prohíbe a utilización de bens alleos mentres estes non son empregados.

  1. a) O xuiz dictaminará ó seu favor, pois éste non ten culpa de ignorar dita lei

    b) Os dous son culpables: un por empregar bens alleos e outro polo abandono destes.

    c) Xoán Xosé é multado, pois non ser coñecedor das normas non implica que deba ser perdoado polo seu delito

    d) Ningunha das anteriores é certa



CASO PRÁCTICO TEMA 7

Un estudante andaluz de Erasmus en Holanda, posúe unha pequena plantación de marihuana para consumo privado:

a) Non vai contra da lei, pois aplícaselle o dereito territorial: en Holanda está legalizada dita substancia

  1. b) É repatriado e detido por ser posuidor de estupefacientes debido ó dereito persoal

    c) A Unión Europea encárgase de dito caso

    d) Ningunha das anteriores é certa

No hay comentarios:

Publicar un comentario