Iñaki Urdangarín está cansado de aparecer en tódolos canais de televisivos, a pesar de que foi absolto polos seus fraudes empresarias, asi que decide vender tódalas televisións que se atopan no seu humilde chalet no que convive coa súa dona. Iñaki encontra un comprador por internet que lle ofrece polas sete televisións que pon en venda 4.000 euros, e acepta a oferta. Cando o comprador , un labrego de Muxía chamado Pepe Blanco, quere poñer en funcionamento a súa nova compra percátase de que os televisores están vacios no seu interior, só teñen o marco e pantalla, polo tanto reclama o diñeiro da compra. Urdangarín négase a entregar o diñeiro xa que afirma que él vendeu os televisores en perfecto estado , a pesares de demostrarse que tiña no seu poder unha factura pola venta de pezas de televisores nun establecemento de recambios de segunda man. ¿ Está exento Urdangarín de responder ante unha nova denuncia de fraude?.
a) Sí, porque a ley sinala que no caso da compra-venta on-line o comprador arríscase a este tipo de enganos.
b) Sí, porque o comprador tiña que asegurar o seu producto antes de efectuarse o pago do mesmo, polo tanto está exento da man da lei.
c) Sí, porque Urdangarín, ó ser un recoñecido persoaxe que xa fora absolto por un fraude moito maior de estafa,e pertencer á familia real esta exento de calquera acción xudicial na súa contra. Se fose, por exemplo, Antón Perez , albanel de profesión cunha hipoteca e catro fillos , a ley aplicaríase con toda a súa forza , pero ó non ser así Iñaki queda libre de calquera cargo.
d) Ningunha das anteriores é correcta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario